Por outra banda, é curioso que se sintan "jubilosos" polas festas cando nunha enquisa pública no xornal máis lido na cidade o 93% das persoas din que están en desacordo. É paradóxico tamén que este ano (de tanto acerto na programación do Noroeste Ex-Pop-Rock) existan nunha rede social de internet máis de 3000 membros en contra do cartel (e siguen subindo aínda despois dos concertos!!), que as protestas cheguen á rúa nunha concentración, e que todo isto teña presenza na prensa escrita, radio e televisión...
Hai unha certa confusión (non sei se provocada de forma intencionada polos medios) de intentar de centrar as protestas en "Raphael" e "El Consorcio". Se se lee ou se escoita calquera das noticias de este blog xa se pode ver que esa non é a cuestión.
Que veñan todos os artistas que teñan que vir para cubrir o espectro de gustos dentro da cidade, canta máis calidade teñan moito mellor... pero, ¿teñen que facelo a conta de destruir o Noroeste Pop-Rock?
Ampliación 20/08/2009: Garcés fixo unhas declaracións que con grandes argumentacións explica porque debemos estar contentos cas súas decisións respecto ao Noroeste:
"El alcalde está muy satisfecho y tiene motivos, porque ha elegido un maravilloso concejal de fiestas"Pois xa está. Se Garcés considera que hai que estar satisfeitos, ¿quen somos os cidadáns para queixarnos? Se un edil quere gastar os cartos das festas no que a él lle pete, sen amosar ningún tipo de respeto as opinións dos coruñeses, nin criterio algún que avale a súas decisións, nos temos que estar satisfeitos porque él na súa inmensa humildade así o manifesta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario