viernes, 7 de agosto de 2009

Raphael SÍ, pero NON no Noroeste Pop-Rock

A nosa reinvindicación NON é contra Raphael ou o Consorcio (como confunden algúns). Creemos que o Concello pode, e debe, contratar a artistas que respondan aos gustos de todo o mundo e de canto máis nivel mellor. Intentar encaixar os estilos musicais de estos artistas que claramente non entran no espíritu do Noroeste Pop-Rock, como diría o propio Raphael, "Es un escándalo!!"



O Noroeste Pop-Rock, un festival para a xente xove (e non tan xove), para fans da música Pop e Rock, que se celebra dende hai 25 anos de noite, na praia, non parece o marco para este tipo de concertos.
Pensando no público obxetivo de Raphael e do Consorcio é fácil darse conta que tampouco é apropiado este tipo de concertos na praia de Riazor. Supoño que hasta os máis incondiconales (que están encantados cas actuacións de Raphael e Consorcio) coinciden con esta idea de que era mellor outro emplazamento para os concertos... Por iso hai que seguir ca protesta: MANIFESTACIÓN día 12 de Agosto.

1 comentario:

  1. Esperemos que quede claro de una vez y que no intenten usar esto como argumento contra esta protesta!!!

    ResponderEliminar