martes, 11 de agosto de 2009

Orde do día da concentración

Para que non vos despistedes este mércores día 12 na concentración de protesta en María Pita, aquí vai un horario cas partes nas que se vai a dividir o evento:

21.00h Chegada dos participantes

Chegaremos e nos iremos colocando detrás da pancarta, todos de costas ó Concello

21.15h Lectura do manifesto de protesta

Breve resumo das motivacións da concentración

21.20h Desfile de estrelas do Rock&Roll e Pop

Todos aqueles que chegen disfrazados á praza terán o seu momento de gloria (*)

21.30h Cánticos varios e foto oficial da concentración

Vítores, rimas e proclamas reivindicativas. Importante estar todos para a foto!

21.40h Fin de concentración

Ollo, non é total dispersión... haberá que tomar uns traguiños por aí, non???
É importantísimo acudir todos á concentración para amosar que non somos poucos os que pensamos que as cousas se poden facer mellor... vémonos en María Pita!

(*) Se queredes participar no desfile de estrelas, a ver se podemos organizar unha listaxe para facelo o máis glamuroso posible!!!

2 comentarios:

  1. yo trabajo..jups..pero ya he inormado a todos mis amigos para que vayan:D:D

    ResponderEliminar